Evento: Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala

Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala
venres, 28 outubro, 2016 a sábado, 29 outubro, 2016
Salón de Actos do Real Coro Toxo e Froles,
Ferrol

Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala

Congreso Extraordinario Terra de Trasancos

O Concello de Ferrol, o Real Coro "Toxos e Froles" e a Real Academia Galega, organizan o Congreso Extraordinario "Terra de Trasancos" baixo o título "Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala".

Neste ano 2016, onde se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño.

O programa do Congreso está conformado por mesas redondas, charlas e tamén por aportacións de investigadores que queiran achegar os seus traballos a través de comunicacións, seguindo as bases detalladas no programa.

Máis información en info@toxosefroles.com, no teléfono 650 788 374 ou neste enlace.

 

Ide reservando as datas, que cremos son importantes para entender a historia da nosa cidade, Ferrol, e de Galiza.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo