Evento: Cóntamo con música

  • Gato
Cóntamo con música
sábado, 8 outubro, 2016 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Cóntamo con música

Obradoiro experimental para traballar a intelixencia emocional a través da música. A cargo do persoal voluntario da BdG

A música forma parte de nós, dos nosos primeiros xogos e dos contos da infancia. Expande os sentidos. Un bálsamo que penetra polo ouvido e pola pel producíndonos todo tipo de emocións: alegría, tristeza, inquietude, excitación, calma... Unha ópera lida móstranos unha historia que nos leva a un estado emocional concreto, a mesma ópera escoitada coa súa orquestración e arias, trasládanos a outros niveis perceptivos que nos permiten captar informacións sutís que doutro xeito nos pasarían desapercibidas.

Neste obradoiro imos experimentar coas nosas emocións a través da música. Para desenvolver a intelixencia emocional é preciso identificar as emocións, as nosas e as dos outros cos que nos relacionamos. Que experimento eu? Que estou vendo que experimentan os outros do grupo? Que está pasando que me fai sentir así? Nesta consciencia aprendemos a expresar e a canalizar as nosas emocións, a fortalecer as relacións de grupo e familiares, aprendemos a elixir as mellores respostas e actitudes fronte ós conflitos que se nos presenten, con sinxelas ferramentas ao noso alcance, como son a escoita, a atención, a empatía, a comprensión, a tolerancia...

Con todo o dito e as experiencias que xurdan neste obradoiro, imos crear unha historia e imos sonorizala, e así vivila dunha maneira máis intensa, máis plena. Será a nosa historia.

Participantes de 8 a 14 anos, previa inscrición

Día: 8 de outubro de 2016

Horario: 17,00h

Duración: 2,30 h

Lugar: Aulas da Biblioteca de Galicia

Nº de prazas: 25

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de ciencia e tecnoloxia
31 de agosto a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contamos Historias en Viñetas
1 de setembro a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola