Evento: Gran Foliada BalGalaika

Gran Foliada BalGalaika
domingo, 21 agosto, 2016 - 21:00
Praza da Quintana,
Santiago de Compostela

Gran Foliada BalGalaika

Encontro entre as músicas ‘gipsy’ dos Balcáns e as músicas bailables da tradición galega

O Festival Feito a Man presenta A Festa BalGalaika, unha celebración do encontro entre as músicas ‘gipsy’ dos Balcáns e as músicas bailables da tradición galega; o encontro entre as músicas do oriente e do occidente europeo. 

Festival Feito a Man quere con esta festa BalGalaika render unha homenaxe moi especial a esta irrepetible banda no seu XX aniversario. Esta formación mítica de gipsy brass, que naceu en Zece Prajini (norleste de Romanía), acadou xa a categoría de patrimonio da humanidade.

Fanfare Çiocarlia é o grupo musical máis internacional de Rumanía e son ben conhecidos en Compostela e en Galicia, onde ofreceron varios concertos desde 1997, un deles no propio Feito a Man. Teñen percorrido todo o mundo, con máis dun milleiro de concertos ás súas costas e un palmarés que confirma a Fanfare Çiocarlia como umha das bandas máis populares do planeta e aos seus shows ao vivo como unha das experiencias sonoras máis impresionantes e salvaxes da actualidade.

Radio Cos son Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Veñen de ser elixidos na Selección Oficial do WOMEX 16, a feira de ‘world music’ máis importante do mundo. 

Prezo: 12€ anticipada / 15€ billeteira
Nos locais da Asoc. Cidade Vella a partir do xoves 4 e, en breve, en Internet. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Repunantas
14 de maio
Café-Teatro
Concerto Orfeón Xoan Montes
14 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
OBK
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5