Evento: Feito a man 2016

Feito a man 2016
martes, 2 agosto, 2016 a sábado, 27 agosto, 2016
Rúas e prazas,
Santiago de Compostela

Feito a man 2016

60 propostas artísticas diferentes polas rúas e prazas de Compostela

Festival polas rúas e prazas da zona monumental compostelá que nesta edición conta con 60 propostas artísticas diferentes, entre as que se atopan concertos, teatro, performance, djs…

O peso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato, así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas Prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario, Cervantes ou Quintana. Esta última acollerá o “día grande” do festival que será o domingo 21 cunha Gran Foliada Balgalaika na que actuarán Radio Cos e Fanfare Çiocarlia. 

Na programación xa están confirmadas as actuacións de Sokram, Agoraphobia, DeLombaos, Marcos Pin, Alo Django, The Fabulous Resaca Brothers, O duo KO KO MO e os Ninjah Monkeys, entre outras moitas.

O festival está organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, en colaboración co Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Tórculo e o restaurante O Dezaseis.

 Máis información do Feito a man aquí

 

 

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos