Evento: La Xácara

La Xácara
sábado, 24 setembro, 2016 - 19:00
Castelo de Monterrei,
Monterrei

La Xácara

Melodías europeas en estilo moderno: arias, folías, xácaras e chaconas

Julia Cea, canto
Víctor Illán, guitarra barroca
Valentín Novio, tiorba e guitarra barroca
Ramón Pérez-Sindín, cravo
Pablo Ruibal, viola da gamba

La Xácara é un grupo de recente creación formado por experimentados músicos galegos, que levan décadas dedicados á interpretación de música antiga. A súa intención é a de ofrecer programas de concerto que abranguen un repertorio centrado na música vocal e instrumental española e europea dos séculos XVI e XVII, sobre todo a música que se interpretaba nas representacións teatrais a xeito de entremeses, entre os actos dos dramas e as comedias, cancións, tons e danzas como a xácara, que lle dá nome a esta formación.

O programa do concerto de Espazos Sonoros fará un percorrido pola música vocal e instrumental do Barroco, amosando a riqueza e diversidade das músicas do Seicento e Setecento, cunha escolla de formas afastadas entre si, tanto no tempo como na estética, desde arias de ópera e cantatas ata cancións e danzas populares como diferenzas, chaconas e folías.

Entre elas, interpretaranse as coñecidas Folías gallegas, de Santiago de Murcia, recollidas no Códex Saldívar, que lle dan título ao programa e permiten enlazar, ademais, as músicas europeas coas músicas que se desenvolvían, na altura, no Novo Mundo.

Máis eventos de tipo Concerto

Mad Martin Trío
14 de agosto
Paseo do Malecón
Cimarrón
15 de agosto
Porto
Mekanika Rolling Band
15 de agosto
Alameda
Exeria
15 de agosto
Praza do Camiño