Evento: Tres Pesos

Tres Pesos
sábado, 10 setembro, 2016 - 19:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Tres Pesos

Música de raíz, música de hoxe

Felisa Segade, voz e percusións tradicionais
Xosé Antón Ferreira, gaita, clarinete, voz e percusións
Estevo Lamas, acordeón, voz e percusións

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo), tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda para Espazos Sonoros.

Tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais, Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia ou Brincadeira. Centos de horas sobre o escenario e miles fóra del, soñando coa nosa música, coa nosa tradición. Ducias de mestres e centos de alumnos aos que veñen formando no ámbito da música tradicional e centos de colaboracións en diferentes proxectos cos máis importantes artistas galegos e do resto do mundo.

Máis eventos de tipo Concerto

Consertasso na horta
25 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
A trompa non só é cousa de elefantes
3 de outubro
Auditorio Pazo da Cultura