Evento: Monólogo do imbécil
Monólogo do imbécil
Sinopse: A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí........coma un imbécil”. Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a fialo todo desde o principio ata o preciso momento no que llo conta ao público.
Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.
Entradas
As entradas teñen un prezo de 15 euros (12 euros nos palcos da segunda planta e o anfiteatro) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado e días de evento de 18:00 a 21:00 h), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.

