Evento: Os instrumentos do Pórtico da Gloria

  • Instrumentos do Pórtico da Gloria
Os instrumentos do Pórtico da Gloria
mércores, 30 abril, 2014 a luns, 1 setembro, 2014
Nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Os instrumentos do Pórtico da Gloria

Réplicas dos instrumentos musicais históricos e visionado en 3D

A exposición Os instrumentos do Pórtico da Gloria é unha mostra organizada polo Consorcio de Santiago en colaboración coa Fundación Barrié de la Maza, composta por unha selección de réplicas en madeira de fídulas, harpas, salterio, organistrum ou laúde, que pertencen á colección da propia fundación. Dous paneis interactivos onde se poden ver as pezas en 3D, así como un documental sobre a súa construción, complementan a mostra, que achega información gráfica sobre o sitio que cada instrumento ocupa na xoia románica do mestre Mateo. Igualmente, nun facsímile do Códice Calixtino pódese ver a música que se interpretaba na Idade Media.

Máis información

Máis eventos de tipo Exposición

Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Antifémina · Colita
25 de marzo a 1 de agosto
Avenida do Burgo das Nacións