Evento: ALT Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo
ALT Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo
O festival na súa 15ª edición conta con menos contidos que en edicións pasadas e cunha menor duración (desde o 9 ao 13 de marzo), pero mantén a calidade na súa oferta de actos.
Ademais, como en edicións pasadas, desenvolve paralelamente o ALT-Procrea en feminino, co que se pretende apoiar, fomentar e visibilizar o traballo das mulleres creadoras.
Programa:
Mércores 9 de marzo (Auditorio do Concello) 20:00h.: Ensaio Amor, espectáculo de danza teatro desde Galicia a cargo de Nuria Sotelo, Macarena Montesino e Clara Ferrao (Pertence á programación de ALT. procrea en feminino).
Xoves 10 de marzo (MARCO) 20:00h.: The Course of Memory, performance documental a cargo da madrileña Louisa Merino (Pertence á programación de ALT. procrea en feminino).
Xoves 10 de marzo (Auditorio do Concello) 21:30h.: Andrei Rublev, espectáculo de danza a cargo da compañía catalana Societat Doctor Alonso.
Venres 11 de marzo (MARCO) 20:00h.: Happy Hour, espectáculo de danza a cargo da compañía belga Wooshing Machine.
Venres 11 de marzo (Auditorio do Concello) 22:00h.: El Cuello de la jirafa, posta en escena a cargo da compañía Matarile Teatro (Pertence á programación de ALT. procrea en feminino).
Sábado 12 de marzo (Casa das Artes) 18:00 e 20:00h.: Lost & Dead in Thunderland, exposición prerformativa multimedia a cargo da compañía galego-suiza A Mercé das CirKunsTanzias (Pertence á programación de ALT. procrea en feminino).
Sábado 12 de marzo (MARCO) 20:00h.: Oro, representación de novas dramaturxias a cargo da compañía andaluza Vértebro Teatro.
Sábado 12 de marzo (MARCO) 21:00h.: ¿Qué pasa cuando no pasa nada?, performance desenvolvida polo valenciano Vicente Arlandis e La sauna Internacional onde pretenden convocar un grupo de persoas para quedar no museo logo da hora de peche.
Domingo 13 de marzo (Auditorio do Concello) 18:00h.: Paula, espectáculo de danza a cargo das austriacas Iris Heitzinger & Editta Braun Company.
Domingo 13 de marzo (MARCO) 20:00h.: Bailarina Lírica, espectáculo de danza e performance a cargo da catalana Sonia Gómez e do canario Javier Cuevas.
Máis eventos de tipo Festival