Evento: Memorias das memorias dun neno labrego

Memorias das memorias dun neno labrego
sábado, 7 maio, 2016 - 20:30
Teatro Coliseo Noela,
Noia

Memorias das memorias dun neno labrego

Espectáculo teatral baseado na obra de Neira Vilas Memorias dun neno labrego a cargo de Abrapalabra Creacións Escénicas

En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: O 50 aniversario da 1ª edición das Memorias emorias dun neno labrego 

As “Memorias” deixaron en centos de miles de persoas un farturento pouso emotivo. A memoria dunha sociedade que nestes últimos 50 anos foi deixando de ser eminentemente rural para iniciar unha longa travesía cara a un universo urbano, nunha viaxe chea de interseccións e mestizaxes que explican a nosa moderna identidade. Un universo de antigos nenos labregos. Ou fillos, netos, bisnetos, tataranetos de nenos labregos. Habitantes das leiras de asfalto, ou das aldeas da memoria, que por moito que se laven sempre terán a alma lixada de terra. 

teatro contado ou conto teatralizado:

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes... 

videocreación:

Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. 

música orixinal

Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Os dous de sempre
Os dous de sempre. O regreso
30 de maio, 20:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Un deus salvaxe
Un deus salvaxe
31 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
Se as árbores falasen
4 de xuño, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo