Evento: Un par de hostias en vinagre
Un par de hostias en vinagre
Un par de hostias en vinagre
Espectáculo cómico musical a cargo da compañía Elástica & Cía
Un par de hostias en vinagre conta a historia de Petra Potemkin e Lola Lee, dúas mulleres desdobladas e unidas polo destino, independentemente da coordenada cósmica na que se encontren. Dúas mulleres que entenden o que é o amor a pesar de ignorar a diferencia entre o certo e o errado.
Un par de hostias en vinagre é un espectáculo cómico, musical e irreverente onde as actrices Sandra Lesta e Paula Sanmartín, combinan o humor acedo co absurdo para reflectir sobre a propia existencia e o fin da humanidade nun universo multiplicado.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo
30 de maio, 19:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña