Evento: Concerto de Herdeiros da Crus

  • Cartel da xira galega
Concerto de Herdeiros da Crus
sábado, 12 decembro, 2015 - 22:00
Sala Berlín,
Ourense

Concerto de Herdeiros da Crus

Actuación do grupo de rock presentando Volta aos Jaliñeiros no seu Jalisian Tour

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, "A Cuadrilla de Pepa a Loba".
As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, un movemento que moitos bautizaron como rock bravú e do que son herdeiros moitos dos grupos galegos contemporáneos.

En 2005, o grupo retírase dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais.
No 2012 voltan aos escenarios para celebrar o 20 aniversario e no 2013 publican un novo traballo.

Neste remate de 2015 comezan xira por 10 salas de 10 localidades galegas "Volta aos Jaliñeiros"

Máis eventos de tipo Concerto

El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
The Blues Moonshiners
3 de maio
La Pecera