Evento: Mary Quintero. A luz que alumea a vida
Mary Quintero. A luz que alumea a vida
O traballo da fotógrafa Mary Quintero, centrado nos retratos de estudo, foi a crónica de toda unha época na Galiza, sobre todo en Lugo e Vigo. O inicio do seu labor, con 15 anos, e a súa dedicación ao longo de décadas permitíronlle deixar testemuño de vidas, persoas, épocas e mudanzas. A súa busca de coñecemento, de formación, de innovar e mellorar o seu traballo, estudando, aprendendo e descubrindo as últimas tecnoloxías que existían no mundo da súa profesión, fixeron de Mary unha muller con emprendemento; algo nada novo nese Vigo da segunda metade do século XX.
Mais non todo é historia, tamén hai presente e futuro. É por iso que esta xornada quere ser, tamén, un espazo de coñecemento, de reflexión e de debate, para, dándolles visibilidade a tantas mulleres, moitas delas pioneiras, que traballaron na fotografía na Galiza, analizar e descubrir os retos e dificultades das profesionais da imaxe nos seus traballos diversos e diferentes, e con ousadía e esperanza, así como que espazo ocupan e soñan na Galiza e no mundo.
PROGRAMA
Sesión da mañá
10:00 horas. Presentación
Ramón Villares, presidente do CCG
María Xosé Agra Romero, coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG
SESIÓN CIENTÍFICA. ARTE, PROFESIÓN E OFICIO
10:30 horas. Mary Quintero: artista e nai
Marta Álvarez Quintero, empresaria gandeira
Presenta: María Xosé Agra Romero, coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG
11:30 horas. Pausa
12:00 horas. Relatorios e debate
Presenta e modera: Carme Vidal Lage, xornalista e membro da Comisión de Igualdade
do CCG
Fotografía e muller: xuntas e revoltosas
Natalia González Devesa, fotógrafa, investigadora e activista feminista
Muller e imaxe: ancoradas no pasado?
Nerea Paños Boente, reporteira gráfica
Muller e documental: creando en primeira persoa
Xisela Franco Costas, artista e cineasta experimental
As miradas do mañá
Rosa Figueroa Insua, fotógrafa e profesora de fotografía na EASD Mestre Mateo
Sesión da tarde
SESIÓN DE MEMORIA. REVELADAS
17:00 horas. Cartografía Mary Quintero no Álbum de Mulleres
Mariam Mariño Costales, técnica da Comisión de Igualdade do CCG
17:15 horas. A xornalista Ana Guantes conversa con Mary Quintero
18:00 horas. Reflexión e debate
Presenta e modera: Xosé López García, catedrático de Comunicación da USC
Interveñen: Vitor Vaqueiro Foxo, Roberto Quintero e María Mercedes Vega Cerqueiro
19:00 horas. Mary Quintero amosa a Mary Quintero
19:30 horas . Clausura
Encarna Otero Cepeda e María Xosé Porteiro García, coordinadoras da xornada.
Máis información da xornada e inscrición



