Evento: Apoteose das perchas

  • Portada do libro
  • Banner Venres nas Librarías
venres, 6 novembro, 2015 - 20:00
Libraría Suévia
, A Coruña

Apoteose das perchas

Presentación do libro de Xesús Constela editado por Edicións Embora

Tommaso Bonnano é un mendigo que gaña o pan nun barrio napolitano ata que intenta matar a paus a un home que nada lle fixera. Catro asasinatos sen resolver completan a trama desta historia.

Xesús Constela Doce (Ferrol, 1963) Estudou Filoloxía inglesa na Universidade de Salamanca, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente en San Xoán de Poio, é profesor de lingua inglesa. Foi colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009.
Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, que configuran unha proposta literaria na que xorde un novo territorio narrativo para a lingua galega, cunha linguaxe, en palabras da crítica, arriscado e efectivo. A obra foi publicada pola Editorial Galaxia en 2004 e galardoada en 2004 co Premio da Crítica de narrativa galega.