Evento: Alegría!

  • Carátula do libro-disco
  • Banner Venres nas Librarías
Alegría!
sábado, 21 novembro, 2015 - 12:00
Libraría Andel,
Vigo
Presentación do libro de Sergio Tannus editado por Galaxia

Durante a presentación do libro, o autor ofrece neste encontro de Venres nas librarías un pequeno concerto con temas do seu disco homónimo.

Unha historia engaiolante. Unha música que conseguirá un sorriso de felicidade para todas e todos.
"Erase unha vez unha pequena eiruga chamada Alegría. Si, ese era o seu nome, ALEGRÍA; e, por iso, como dun peixe pallaso todos esperan que sexa divertido, dela tamén había de esperarse que fose moi alegre...”

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Desde o 2006 vive en Santiago de Compostela, desde onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello