Evento: Miguel Costas

  • Miguel Costas e a súa banda
Miguel Costas
sábado, 31 outubro, 2015 - 18:00
Estadio de Balaídos,
Vigo

Miguel Costas

Actuación do histórico músico galego exfundador de Siniestro Total

A voz de Miña terra galega, Bailaré sobre tu tumba, Soy un Punk, Assumpta, No me beses en los labios, e un longo etc., forman parte do seu extenso repertorio. Subido nos escenarios desde 1977. Foi membro fundador de míticos grupos como Siniestro Total, Aerolíneas Federales ou Los Feliz e compositor de grande parte ou da totalidade dos seus repertorios. Ten compartido escenario con artistas internacionais do talle de Madonna, Beck, Neil Young, ZZ Top, Scorpions ou Jethro Tull. Editou máis de 200 cancións e vendeu máis de medio millón de discos na súa extensa discografía.

Na súa volta aos escenarios no 2009 aparece acompañado por unha potente banda en directo formada por Little Naya (guitarra), Coché Vil (baixo) e Bonham (batería).

No 2013 presentan o seu disco "Alguien tenía que hacerlo" con novos temas e cunha xira que leva o mesmo nome.

Máis eventos de tipo Concerto

Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Samesugas+Bule+Paulo Pascual
31 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
The Lákazans
31 de maio
Club Clavicémbalo
Film Symphony Orquestra
1 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro