Evento: Urbano Lugrís no Museo Massó, e viceversa

Urbano Lugrís no Museo Massó, e viceversa
sábado, 24 outubro, 2015 - 12:00
Museo Massó e arredores,
Bueu

Urbano Lugrís no Museo Massó, e viceversa

Xornada e roteiro arredor da pegada de Lugrís e dos Massó na vila de Bueu

Espazos Sonoros pasa por Bueu para dedicarlle unha xornada ao legado da familia dos Massó, non só desde un punto de vista industrial, senón tamén artístico e musical.

Para iso, proponse unha visita na que poder ollar, desde unha perspectiva diferente, a vila de Bueu a través do legado da familia de industriais Massó e da pegada do poliédrico artista galego, Urbano Lugrís.

Durante a xornada, percorreranse diferentes fitos que vinculan o pintor coa paisaxe da vila ao longo dunha ruta que tratará de reflectir as interdependencias existentes entre a obra de Lugrís, a vila de Bueu e as coleccións dos irmáns Massó, familia coa que Lugrís estableceu, nos anos 40, unha frutífera relación que marcará fortemente os seus inicios na pintura.

Programa da ruta
12.00 h Xuntanza na entrada do Museo Massó, subida a pé ata a capela dos Santos Reis 

14.00 h Xantar conxunto no adro da capela

16.30 h Volta ao museo e visita monográfica Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa

19.00 h Concerto do dúo Fdez. e Quintá de zanfona e acordeón diatónico, precedido dunha breve charla sobre a zanfona de Massó, a cargo de Pablo Quintana

Capacidade máxima: 50 persoas 
Inscrición: do 10 ao 21 de outubro en actividades@ espazossonoros.org 
Público: actividade para todos os públicos

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde
Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira