Evento: Festival da Poesía no Condado

venres, 4 setembro, 2015 a sábado, 5 setembro, 2015
Salvaterra de Miño
, Salvaterra de Miño

Festival da Poesía no Condado

Os recitais e proxeccións mesturánse con concertos de bandas como Caxade e Ataque Escampe, entre outros

A XXIX edición está dedicada a migración, por iso as proxección de curtametraxes seleccionadas polo Cineclube de Compostela sobre a inmigración; a exposición do fotógrafo Xosé Quiroga; e a presentación do libro Realidades Cercanas do tamén fotógrafo Gabriel Tizón abren o 4 de setembro un programa que tamén inclúe a presentación do proxecto “Videocartas Galiza-Berlín”. 

Ás 22 horas o poeta e tradutor Isaac Xubín recitará textos do escritor vasco Joseba Sarrionandia nunha sesión na que a música a porá o Cuarteto Caramuxo.

A mañá do sábado arrinca cun pasarrúas con Punkiereteiras que inclúe nesa xornada un Aberto de Billarda organizado pola Liga Nacional de Billarda, a feira dos colectivos e artesanía.

Ás 12 horas preséntase o proxecto 'A vila é puro teatro', da asociación As Brétemas de Ponte Areias e ás 13:00 comeza a Mesa Redonda sobre o tema das migracións. Nela interveñen Xosé Quiroga (fotógrafo, falará sobre os CIEs), Susana Beatriz (do Foro Galego de Inmigración) e Paula Monteagudo (do coletivo de pessoas emigrantes Voltar à Terra).

Na tarde, o movemento volta ás 17:00 coa Festa Infantil, na que Fran Amil apresenta 'Chuches Amil'. A seguir, Xurxo Souto falará do seu libro 'Contos do mar de Irlanda', onde trata outro xeito de migración temporal, o das persoas embarcadas. As atividades de tarde péchanse coa proxección, ás 19:00, das curtas premiadas no Festival de Cans.

E ás 20:00 inicíase o prato forte do encontro: o Festival Poético e Musical. Presentado por Esther Carrodeguas, abriráo Miguel Fernández, do Foro Galego de Inmigración, lendo o limiar que preparou para a Antologia Poética do XXIX Festival da Poesia. No apartado de poesía, a SCD do Condado contará con Alba Cid, Augusto Fontám, Alexandre Ínsua, Lara Rozados, Isabel Blanco-Rivas, Rosalía Morlán, Eduard Velasco e Mª José Fernández, ademais dos vascos Jon Benito e Xabi Borda e do portugués Alexandre Sá.

A presenza portuguesa tamén está na parte musical, grazas ás Pega Monstro e ao duo de DJs que pecha o Festival da Poesia: os Irmãos Makossa. Antes, actúan Caxade, Ataque Escampe e os Festicultores.

Máis eventos de tipo Festival

Bar-Tolo Is Not Dead
9 de xuño a 29 de decembro
Sala Malatesta
VI Rock Children
13 de decembro a 16 de decembro
Varios espazos
XIII Festival Internacional Rebulir
XIII Festival Internacional Rebulir
20 de decembro a 23 de decembro
Varios espazos da vila
XIII Festival Internacional Rebulir
XIII Festival Internacional Rebulir
20 de decembro a 23 de decembro
Varios espazos da vila