Evento: Mostra da Olería de Buño

  • Cartel da mostra
Mostra da Olería de Buño
venres, 31 xullo, 2015 a domingo, 9 agosto, 2015
Varias ubicacións,
Malpica de Bergantiños

Mostra da Olería de Buño

32 Edición da mostra declarada Festa de interese turístico de Galicia

Buño é hoxe en día o maior centro oleiro de Galicia, cunha vintena de homes e mulleres dedicados a este oficio que deu sona á localidade desde antano. Uns representan o oficio oleiro máis tradicional, coas súas queimadas, cuncas e viradeiras, e outros beben del e recrean novas propostas. Uns levan toda unha vida cultivando formas e cores tradicionais en pezas de singular beleza e perfecto acabado, co barro branco como único argumento decorativo, e outros son novos oleiros que se abren camiño con pezas de corte moderno. Hai quen traballa as pezas negras (cocidas nun forno de leña) e quen aplica azuis e amarelos vivos, listas horizontais ou esmaltes ás súas creacións. Hai quen está enraizado na tradición oleira coas súas cores terrosas e cálidas en pezas de orixe ancestral e quen abriu innovadoras liñas creativas e comerciais con bonecas estilizadas ou xogos de viño e de café de vistosas cores.
Toda esta explosión de propostas, tradicionais e vangardistas, nas que se perciben personalidades diferentes, delicadas creatividades e moito dominio do oficio, é obxecto da Mostra de Olería de Buño, que constitúe unha interesante mestura entre tradición e contemporaneidade.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Arde Lucus
12 de xuño a 15 de xuño
Varios espazos
Festa da Rosa
13 de xuño
varios espazos
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande