Evento: Entroido Quente de Maceda
Entroido Quente de Maceda
Entroido Quente de Maceda
Festival con humor, música e diversión organizado pola Asociación O Cruceiro
O entroido macedano co Felo como protagonista, festa de interes turistico de Galicia, deixa claro o carácter carnavalesco de Maceda. Non conforme con esta cita tradicional co Entroido a asociación "O Cruceiro" decidiu ampliar esta cita e seguir a tradición en pleno verán conxuntando música, bo humor, e festa co seguinte programa:
- 17:00h. Chupinazo que dará o pistoletazo de saída ao Rally do Humor no que os participantes deberán de pasar diversas probas polas rúas de Maceda.
- 20:00h. Pasarúas, amenizado pola charanga BCB, que percorrerá as rúas da localidade ata a praza do Toural, lugar onde se levará a cabo a proba final dos grupos participante no Rally.
- 22:00h. Concertos dos grupos The Tetas' Van, Alpargata e Dakidarría.
Estará dispoñible unha zona de acampada na Piscina Municipal.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival