Evento: Feira Franca Medieval de Betanzos

Feira Franca Medieval de Betanzos
venres, 8 xullo, 2016 a domingo, 10 xullo, 2016
Betanzos,
Betanzos

Feira Franca Medieval de Betanzos

Festa de interese turístico de Galicia

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV. Deste xeito represéntanse escenas da propia historia betanceira coa colaboración e a participación das asociacións e os habitantes da cidade que fan de actores, bailaríns, nobres, campesiños, leprosos, etc. coa axuda do Concello.
Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:
Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión  no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de CIDADE e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.
 

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande
Festa do Boi
14 de xuño a 22 de xuño