Evento: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
xoves, 14 xullo, 2016 a domingo, 17 xullo, 2016
Ortigueira,
Ortigueira

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Actuacións co mellor folk actual nesta festa de interese turístico internacional

Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.

Pouco máis que ese espírito de liberdade e o carácter folclórico do evento quedan daquel festival artesanal que nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira, liderada naquel intre por Xavier Garrote.

No ano 2000 sentáronse as bases do que é hoxe unha auténtica industria cultural, ao tempo que o Festival abría o seu horizonte musical cara a outros tipos de música que non teñen por que ser estritamente celtas.

En 2005 o certame entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional.

Programación completa do Festival

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Festival Atlántica
Festival Atlántica
30 de xuño
Museo do Pobo Galego
Festival Atlántica
Festival Atlántica
4 de xullo
Museo do Pobo Galego