Evento: Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea

Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea
venres, 20 novembro, 2015 - 23:30
A Fundación,
Melide

Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea

Espectáculo de contacontos

Pepe Capelán é un rapaz da aldea. Acostumado a vivir rodeado de leiras, vacas e tractores, non estaba preparado para o que esperaba: o salto á gran cidade. Cambiou os velorios polas compras nas grandes superficies comerciais, os patróns da aldea polos yonkis dos barrios marxinais da Coruña, e as verbenas polas tardes de sábado nas discotecas. Todo isto e moito máis en "Contos dun rapaz de aldea".

Pepe Capelán deuse a coñecer hai uns anos no programa Bamboleo da TVG como un aspirante a artista, e dende ese momento mantívose como personaxe fixo no programa. Actualmente podemos velo tamén nos programas “Laretando” e “No mellor da vida”.

Pepe Capelán sempre chega tarde. Parafraseando ós grandes Faemino y Cansado, poderíamos dicir que Pepe Capelán é o home impuntual. Chegou tarde ó seu propio nacemento, xa que veu ó mundo despois de case dez meses de xestación. E despois dunha longa vida de impuntualidades, tamén chegou tarde ó mundo da comedia e da interpretación.

Por non ter formación artística nin musical de ningún tipo, non sabemos cómo clasificar a este rapaz: non é cómico, nin actor, nin músico, nin cantante. Por iso, Pepe Capelán non fai monólogos, nin da concertos. O que fai Pepe Capelán é compartir, en clave de humor, as experiencias da súa propia vida; un rapaz da aldea con aspiracións de triunfar no mundo do espectáculo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Rockers go to Hell
30 de maio, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
The Lákazans
31 de maio, 22:30
Club Clavicémbalo - Lugo - Lugo
Habitación Vudú
7 de xuño, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Barrio - Ourense
Moon Cresta
7 de xuño, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña