Evento: Visita teatralizada á Torre de Porqueira
Visita teatralizada á Torre de Porqueira
Visita teatralizada á Torre de Porqueira
Personaxes doutras épocas volverán á Torre de Porqueira para contarnos a súa historia.
Con motivo do Día do Patrimonio Mundial, que se celebrou o 16 de novembro e que este ano recolle o Calendario do Libro e a Lectura, organizamos unha visita teatralizada á Torre de Porqueira e á súa contorna.
A Asociación Cultural Platea Lúa guiará o percorrido. Ao longo da visita, diferentes personaxes regresarán á torre para lembrar tempos pasados e contarnos a historia deste monumento e da comarca da Limia.
Unha forma amena e diferente de descubrir o noso patrimonio, ideal para toda a familia.
