Evento: Obradoiro de velas literarias

Obradoiro de velas literarias
mércores, 25 novembro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Obradoiro de velas literarias

A que ule a túa historia?

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Un obradoiro creativo e sensorial a cargo de Efímera Candles, no que cada participante se inspira nun libro, personaxe ou recordo para descubrir distintas familias olfativas, aprender a combinar aromas e crear a súa propia candea personalizada.

A partir de 15 anos

Mércores 25 de novembro ás 18:00 h.

10 prazas

Incluiranse os materiais necesarios para a actividade.

Inscrición previa a partir do 12 de novembro ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas. 

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede.
 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Imaxe
Obradoiro infantil de Astronomía. ADIADO ATA NOVO AVISO
16 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Xogando coas Letras - mércores 18
18 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Imaxe
Mulleres e historia da Arte
19 de novembro a 26 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Maxia ou ciencia?
Obradoiro Maxia ou ciencia?
20 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola