Evento: Hocus Pocus

Hocus Pocus
sábado, 26 decembro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Hocus Pocus

A cargo de O Mago Paco

Seguindo a súa tónica de humor,  O mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cores e de moito sorpresas.

A maxia de O mago Paco caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi rechamantes que provocan unha dinámica constante encima do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual,  todo depende da resposta do público, sobre todo dos máis pequen@s, xa que é un espectáculo pensado por e para el@s. Nel poderán poderán xogar, reir, saltar, actuar…. formando parte activa do o seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos  ilusionantes,  divertidos, tolos, emotivos e  abrigo inesquecibles.

Preparar as vosas mellores gargalladas porque  comezamos!!!

Duración: 45 min.

Público familiar e infantil a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
8 de novembro
Centro Cultural O Salón
Na cerna do son
8 de novembro
Teatro Nicomedes Pastor Díaz
Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
12 de novembro
CPI Virxe do Remdios de Castro Caldelas
Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
13 de novembro
Casa Museo Rosalía de Castro