Evento: Curtas arquivo Hamaca 2
Curtas arquivo Hamaca 2
'Os límites do meu corpo son o horizonte' é un programa de proxección audiovisual experimental procedente do arquivo Hamaca. Comisariado por Isabel María, a selección reúne obras que exploran a relación entre corpo e paisaxe desde unha mirada contemporánea. A través do videoensaio, a performance e a docuficción, a paisaxe actívase como experiencia, memoria e construción cultural. Os corpos, en tránsito ou arraigamento, revelan identidades complexas e en transformación. Imaxe e son entrelázanse para percibir o territorio como corpo e o corpo como territorio, redefinindo as formas de habitalo.
Curtas nesta segunda sesión:
→ A la sierra de Armenia — Juan Rodrigáñez (2008)
→ A dónde irá veloz — Patricia Esquivias (2017)
→ Dígitos — Alba Matilla (2022)
→ Eu máis — Ángel Montero (2020)
→ On the Road — Isabel María (2021)
Máis eventos do ciclo Os límites do meu corpo son o horizonte