Evento: La cinta blanca
La cinta blanca
La cinta blanca
Michael Haneke, 2009
Vésperas da Gran Guerra nunha pequena vila protestante de Alemaña, na que reina unha ríxida moral. Misteriosos castigos físicos comezan a acontecerlles aos veciños, sen que se saiba quen é o culpable.
Palma de Ouro para Michael Haneke, quen quixo facer un filme sobre o xermolo do mal en situacións cotiás, dando pé ao nacemento dun integrismo ideolóxico ou relixioso, que a miúdo foi relacionado co nazismo nas lecturas críticas da fita, pero que o autor define como máis universal.
Espléndida fotografía en branco e negro de Christian Berger.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Fóra de serie
4 de novembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
5 de novembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
