Evento: Feelings Are Facts: The Life of Yvonne Rainer

Feelings Are Facts: The Life of Yvonne Rainer
xoves, 26 novembro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Feelings Are Facts: The Life of Yvonne Rainer

Jack Walsh, 2015

En 1966, Yvonne Rainer revolucionou o mundo da danza moderna co seu espectáculo 'Trio A', ao analizar de modo radical o repertorio dos movementos humanos sen ningunha espectacularidade. Influenciada por Merce Cunningham e John Cage, desenvolveu coreografías sociopolíticas nas que exploraba sobre o escenario os movementos cotiáns dunha forma que frustraba deliberadamente as expectativas do público. Decidida a non parecer dócil, comezou a experimentar co cine, aplicando a este novo medio o mesmo ímpeto revolucionario que caracterizaba o seu traballo corporal. Aos 56 anos saíu do armario como lesbiana e, en 1997, gañou o Premio Teddy con MURDER and murder. Facendo un uso abundante de extractos cinematográficos, material de arquivo e reinterpretacións das coreografías de Rainer, o director Jack Walsh logra ilustrar o percurso artístico dunha vangardista inquebrantable mais entrañable, desde a década de 1950 ata a actualidade. Os recordos da propia Rainer compleméntanse coas achegas de expertos en danza e compañeiros de viaxe como Carolee Schneeman e B. Ruby Rich. Hoxe, aos seus 80 anos, segue traballando nos escenarios, despois de que Mikhail Baryshnikov a convencese para regresar tardiamente como coreógrafa no ano 2000. (Fonte: Berlinale)

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El jardín de las delicias
4 de novembro
Filmoteca de Galicia
Las corrientes
4 de novembro
Filmoteca de Galicia
Programa curtametraxes: Irmáns, curmáns, tíos
5 de novembro
Filmoteca de Galicia
El káiser de la Atlántida
5 de novembro
Filmoteca de Galicia