Evento: Eight Bridges

Eight Bridges
xoves, 19 novembro, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
James Benning, 2026

“Parece ser tempo de pensar en pontes”. (James Benning)

 

Como colofón a unha triloxía non oficial que comezou coas súas aclamadas obras Ten Skies e 13 Lakes, EIGHT BRIDGES é o último exercicio de observación e escoita de James Benning. Puntos de encontro entre a terra, a auga e o ceo que conectan o mundo artificial e o natural, as oito estruturas que dan título á obra abarcan desde o cinematográfico e icónico (a ponte Golden Gate de San Francisco) ata o histórico (a ponte Edmund Pettus de Selma, Alabama) e o autorreferencial (a ponte ferroviaria Hi-Line de Dakota do Norte). (Fonte: Cinéma du réel)

Máis eventos do ciclo Desencadres: James Benning

Little Boy
20 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña