Evento: Club de xogos de mesa no Espazo Xove - 25 de novembro
Club de xogos de mesa no Espazo Xove - 25 de novembro
A división da Asociación Americana de Bibliotecas (ALA) adicada á promoción do xogo, celebra en novembro o mes internacional dos xogos. O seu obxectivo é reconectar comunidades, coa implicación das bibliotecas, grazas ao valor educacional, recreativo e social de todo tipo de xogos, tanto de mesa como videoxogos.
Na biblioteca, continuamos coas nosas reunións mensuais do club de xogos de mesa en mércores, tendo moi presente esta celebración. Nesta ocasión, xuntarémonos o mércores 25 de novembro, dende as 17:00, no Espazo Xove. Apúntate e pasa unha tarde divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa.
Son benvidas todas as idades a partir de 14 anos.
Inscricións dende o xoves 19 de novembro na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.



