Evento: Club de xogos de mesa - 14 de novembro
Club de xogos de mesa - 14 de novembro
A división da Asociación Americana de Bibliotecas (ALA) adicada á promoción do xogo, celebra en novembro o mes internacional dos xogos. O seu obxectivo é reconectar comunidades, coa implicación das bibliotecas, grazas ao valor educacional, recreativo e social de todo tipo de xogos, tanto de mesa como videoxogos.
Na biblioteca, continuamos coas nosas reunións mensuais do club de xogos de mesa en sábado, tendo moi presente esta celebración. Nesta ocasión, xuntarémonos o sábado 14 de novembro, a partir das 10:30. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club.
A partir de 18 anos, e de 14 anos acompañados dunha persoa adulta.
Inscricións dende o venres 6 de novembro na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.



