Evento: Mañás poéticas

  • Imaxe
Mañás poéticas
mércores, 25 novembro, 2026 - 10:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Mañás poéticas

Con Carlos Arias

Nova sesión das Mañás poéticas, unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de novembro dedicamos ao poeta Jaime Gil de Biedma.

De familia de orixe castelá, naceu e morreu en Barcelona, onde viviu moito tempo.

Viaxeiro cosmopolita, residiu en Oxford, onde coñeceu a fondo a poesía inglesa, e tivo tamén unha residencia estable en Filipinas, onde traballou como directivo dunha empresa familiar de tabacos. Culto ata case a petulancia, dialéctico ata a soberbia e bo burgués, acabou no marxismo, non por ideoloxía, senón por rebeldía. Pesimista permanente, figura como un dos grandes poetas da fecunda Xeración do 50.

Trátase, amais, dun dos poetas máis complexos da súa xeración: polas súas contradicións permanentes, pola súa vida de excesos de alcohol e de sexo, pola súa tendencia autodestructiva. Tras Poemas póstumos, de 1968 de significativo título, deixou practicamente de escribir e de publicar e mergullouse nas súas depresións. Tentou dúas veces suicidarse, contraeu a sífilis en tres ocasións, enfermou e morreu de sida.

Na sala de traballo A do terceiro andar. A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes.

(Baseado no blog Archiletras, de Arsenio Escolar).

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2026-27
16 de setembro a 28 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Sobre Ciencia
2 de novembro a 30 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense