Evento: Ángel Stanich Band
Ángel Stanich Band
Ángel Stanich Band
O cantautor cántabro Ángel Stanich presenta o seu cuarto álbum, /Por La
Hierba/, acompañado pola súa banda. Un directo cargado de personalidade,
surrealismo e forza musical para descubrir o traballo máis intros...
O ermitán do pop chega con Por La Hierba, o seu cuarto álbum, acompañado pola súa banda e un directo que leva máis dunha década conquistando escenarios. Case cinco anos despois de Polvo de Battiato, Ángel Stanich regresa cun traballo máis introspectivo e persoal, no que emprende unha viaxe musical en busca de si mesmo, sen renunciar ao seu universo surrealista e á súa singular forma de compoñer. Unha oportunidade para descubrir en directo un dos discos máis destacados da súa carreira e gozar dunha banda consolidada, cun repertorio cheo de personalidade e forza.



