Evento: Ruxe Ruxe + The Eskarallas

Ruxe Ruxe + The Eskarallas
sábado, 13 febreiro, 2027 - 21:00
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Ruxe Ruxe + The Eskarallas

Ruxe Ruxe celebra en 2027 os seus trinta anos de traxectoria cunha nova xira e a publicación de /Plum!/, o seu novo traballo discográfico. A banda de Aríns conmemora tres décadas de rock en galego cun disco de ...

Ruxe Ruxe celebra en 2027 os seus trinta anos de traxectoria cunha nova xira e a publicación de Plum!, o seu novo traballo discográfico. A banda de Aríns conmemora tres décadas de rock en galego cun disco de doce cancións inéditas, gravado en Euskadi baixo a produción de Kaki Arkarazo.
Plum! reúne boa parte das claves que marcaron a identidade de Ruxe Ruxe ao longo da súa carreira: potencia, melodías, existencialismo, realismo máxico, crítica social e retranca, cunha maneira propia de entender o rock feito desde Galiza e en galego.
Con dezaseis LPs, varios EPs, un documental e centos de concertos por Galicia, o resto do Estado e diferentes países europeos, Ruxe Ruxe chega aos trinta anos cunha traxectoria construída desde a independencia e o compromiso coa música e coa cultura galega.
Como banda convidada, The Eskarallas achegará ao concerto a súa combinación de punk, enerxía, rebeldía e retranca. O grupo continúa traballando no que será o seu segundo disco de estudo mentres leva aos escenarios unha proposta directa e contundente.
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Funzo
15 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
15 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Alfonso Medela Trío + Rubén Fernández
15 de novembro
Auditorio Municipal Manuel María