Evento: Laura Lamontagne: a vida fóra dos versos

  • concerto Laura Lamontage: a vida fóra dos versos
Laura Lamontagne: a vida fóra dos versos
venres, 13 novembro, 2026 - 20:30
Igrexa da Universidade - Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Laura Lamontagne: a vida fóra dos versos

Ciclo Sons de peto da USC

Cando a electrónica en galego aínda era un territorio pouco explorado e eran poucas as artistas que se atrevían a combinar tradición, poesía e beats, Laura LaMontagne xa estaba a abrir camiño a unha maneira diferente de entender a música feita desde Galicia. A súa traxectoria inclúe a reinterpretación de cantigas medievais e unha constante exploración das posibilidades da voz, a electrónica e a poesía. Nesta ocasión, LaMontagne chega á Igrexa da Universidade cun formato especial, ‘A vida fóra dos versos’, acompañada do multiinstrumentista e produtor Cristian Durán. Xuntos presentan unha reinterpretación do repertorio máis íntimo da artista lucense, nunha proposta concibida especificamente para este encontro.

Con ‘Sons de Peto’, a USC amplía a súa programación cultural cun ciclo que aposta por escoitar a música desde máis preto, achegando artistas e público e permitindo descubrir os seus traballos en formatos diferentes aos habituais. A proposta busca así crear momentos de escoita máis próximos e íntimos.

Organiza a USC coa colaboración da Deputación da Coruña

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Real Filharmonía de Galicia – Contrafactum
12 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Lidia India e Latexo
13 de novembro
Auditorio Municipal Cine Alovi