Evento: Coñece Compostela: Santiago a través dos ollos de Otero Pedrayo e a súa Guía de Galicia

  • Imaxe
Coñece Compostela: Santiago a través dos ollos de Otero Pedrayo e a súa Guía de Galicia
xoves, 22 outubro, 2026 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Coñece Compostela: Santiago a través dos ollos de Otero Pedrayo e a súa Guía de Galicia

Roteiro con Manuel Gago

Nova cita das actividades que organizamos dende a biblioteca para coñecer a nosa cidade.

Neste ano 2026 cúmprense 100 anos da edición da Guía de Galicia de Ramón Otero Pedrayo, a publicación máis coñecida e difundida do ilustre polígrafo ourensán. A Guía de Galicia formou a varias xeracións de galeguistas no coñecemento do seu país, nunha época na que o propio territorio galego era moi descoñecido para os seus habitantes. A Guía presta unha gran atención ás cidades e en especial, a Santiago de Compostela, que Otero Pedrayo consideraba o núcleo espiritual de Galicia. En diferentes momentos da súa vida, Otero viviu, conversou e sobre todo paseou a cidade, recollendo non só os coñecementos artísticos e arquitectónicos sobre ela senón tradicións, anécdotas e pequenas historias que se destilan na Guía e no resto da súa obra. Este roteiro propón percorrer o Santiago de Compostela máis querido por don Ramón, desde os seus espazos vitais, a súa interpretación dos grandes fitos da cidade e os seus lugares máis queridos.

Para 25 persoas de 14 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Visitas guiadas no Museo de Belas Artes da Coruña á exposición Habana Mater de Luis Gabú
"Habana Mater. Luis Gabú"
17 de setembro a 31 de outubro
Museo de Belas Artes
Roteiro pola pegada cubana na Coruña organizada polo Museo de Belas Artes
Roteiro pola pegada cubana na Coruña
3 de outubro
Museo de Belas Artes