Evento: Presentación de "La Señorita Detective" e "Federico Mediante. O Salgari español"
Presentación de "La Señorita Detective" e "Federico Mediante. O Salgari español"
Presentación da reedición de La Señorita Detective, novela do escritor e xornalista galego Federico Mediante (1888-1951), publicada por primeira vez en 1943 e considerada a primeira novela policial española protagonizada por unha muller detective. Durante o encontro abordaranse a traxectoria do autor, o contexto histórico e literario da obra e o proceso de recuperación do seu legado. A presentación virá da man de Ana Rosa Martinez Loredo e María Xosé Porteiro.
Esta reedición forma parte dun proxecto de investigación dedicado a rescatar e difundir a obra de Federico Mediante, do Ana Rosa Martínez é autora. Nese marco, xa presentou o meu libro "Federico Mediante. O Salgari español" en Madrid, Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega), Vegadeo e Oviedo. Esa obra biográfica ten como obxectivo poñer en valor a extensa e, durante décadas, esquecida produción literaria e xornalística deste prolífico escritor galego.
Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca