Evento: Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra

  • Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
sábado, 19 setembro, 2026 - 18:30
Mosteiro de Santa Cristina de ribas de Sil,
Parada de Sil

Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra

Ricardo J. Martins, guitarra portuguesa

Comeza a conta atrás para a quinta edición de Santa Cristina in musica, que este ano quere apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade con músicas de raiz ibérica xa recoñecidas como tal pola UNESCO.

O sábado 19 de setembro ás 18.30h o guitarrista portugués Ricardo J.Martins presentará o programa “A voz da guitarra portuguesa”, un percorrido por temas tradicionais, arranxos e temas propios, nunha proposta que amosa a versatilidade do instrumento, alma da cultura do pais veciño.

Habitual dos escenarios portugueses e de medio mundo, Ricardo trae ao mosteiro de Santa Cristina ese son inconfundible e único.

Máis eventos de tipo Concerto

Diamond Dogs
18 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Contos de mamá ganso
19 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Consertasso na horta
25 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola