Evento: Less Dragqueens and more Chunorris!

Less Dragqueens and more Chunorris!
venres, 16 outubro, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Less Dragqueens and more Chunorris!

Unha coprodución do Centro Dramático Galego con ALÓproducións

Esta é unha comedia que ispe ao home. Pero que ninguén se bote as mans á cabeza! Ou si, á cabeza, porque o espido vai dar para rir, pero sobre todo para pensar.

Dani Blanco e Alberte Bello, creadores con moita rúa e pouco "macherío", vístense e íspense coas galas das masculinidades varias, de varietés. Entre o circo e a comedia, este show é un axuste de contas á "machosfera" desde a ironía. 

Unha revolución para examinar as masculinidades tóxicas e o sufrimento que causan. Humor e amor son os dous actores principais e queren contar contigo.

Dirixido por Afonso Becerra de Becerreá e con Alberte Bello e Dani Blanco en escena.

 

Ficha artística

Autoría: Afonso Becerra de Becerreá e Alberte Bello

En escena: Alberte Bello e Dani Blanco

Dirección e dramaturxia: Afonso Becerra de Becerreá

Dirección de movemento: Estefanía Gómez

Espazo escénico: Alberte Bello

Asistente de espazo escénico: Noa Iriarte

Asistente de produción: Ana G. Fernández 

Espazo sonoro: ALÓproducións

Máis eventos de tipo Espectáculo

Historias viaxeiras: máquinas e obxectos de papel
17 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Vila - Proceso Aberto
17 de outubro
Salón Teatro
os fabulosos cleaners
Os fabulosos cleaners
18 de outubro
Auditorio Municipal de Goián
De ida e volta
23 de outubro
Casa da Cultura Ramón Martínez López