Evento: A Nena e o Grilo camiño das cores

A Nena e o Grilo camiño das cores
luns, 12 outubro, 2026 - 19:00
Auditorio Municipal,
Ribeira

A Nena e o Grilo camiño das cores

Última entrega do exitoso musical de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos

A Nena e o Grilo camiño das cores é a cuarta e última entrega do exitoso musical de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun barquiño e A Nena e o Grilo máis aló. O proxecto comezou en 2010 co álbum O país das apertas e a creación de tres propostas escénicas que chegaron ao público da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes, cunha moi boa acollida entre o público familiar.

Este outono, a proposta de ocio en galego do FalaRedes inclúe o derradeiro espectáculo da saga. Nesta ocasión, a Nena e o Grilo viven unha nova aventura chea de sorpresas. Os dous personaxes volven estar interpretados por Montse Piñón e Pepablo Patinho acompañados en escena por Jorge Casas, da compañía Teatro Ghazafellos. Os tres descubrirán o mundo desde a mirada dos nenos e as nenas e interactuarán cos músicos Magín Blanco e Pablo Vidal e tamén co público. Esta última produción consolida e expande os obxectivos cos que A Nena e o Grilo se iniciou hai dezaseis anos: contribuír a descubrir, valorar e pensar a amizade, o compañeirismo, os afectos, a diversidade e a igualdade.

Outras datas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Latexos
16 de outubro, 18:00
Salón de actos da Biblioteca Municipal Torrente Ballester - Bueu - Pontevedra
Latexos
18 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - A Cañiza - Pontevedra
Latexos
23 de outubro, 18:00
Auditorio da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
Latexos
25 de outubro, 12:00
Casa da Cultura - Foz - Lugo