Evento: Galicia Woodstock 2015
Galicia Woodstock 2015
No verán de 1969, en Estados Unidos, realizouse o festival de Rock'n'Roll máis importante de todos os tempos. Desde entón Woodstock é un referente do movemento hippie. 46 anos despois, rendeselle tributo a tan emblemática data, realizando un festival do amor e da paz.
Partindo da base do festival de Woodstock, crease un "Revival" mediante unha selección de combos de músicos, interpretando temas tanto de bandas asistentes ao festival orixinal, como grupos que aínda que non estiveron, puidesen actuar no seu día nese evento. O que fai que sexa unha reunión moi importante de músicos; todos eles compartindo o mesmo espírito e escenario.
Ademais das actividades musicais, desenvólvense tamén numerosas actividades como: vodas hippies, quedadas do motor, venda de artesanía,...



