Evento: Bebec@nta

Bebec@nta
venres, 4 decembro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Bebec@nta

A cargo de Pablo Díaz

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares. 

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións. 

Moitos dos contos son cantados de principio a fin. 

Duración: 35 minuto

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 26 de novembro ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
6 de outubro a 30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Viaxa cos libros
6 de outubro a 30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto PunkInfantil
12 de outubro
Centro Cultural Avenida
Historias viaxeiras: máquinas e obxectos de papel
17 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés