Evento: ¡Que brisa, la risa!
¡Que brisa, la risa!
¡Que brisa, la risa!
Teatro - danza para primeira infancia
¡Que brisa, la risa! é un espectáculo de teatro-danza para primeira infancia (de 6 meses a 3 anos).
Non é pato, non é sapo, non é paxaro, non é elefante: Bichita tiña que ser. Ela sempre ten ganas de ver, escoitar, sentir todo o que o mundo lle propón. Desde a mañá cedo cando comeza o día, Bichita xoga e baila; quere contar o contenta que está. A actriz (a Bichita) acompaña aos máis pequenos a atopar o seu lugar na paisaxe que se lles presenta. Un lugar próximo ao que ocorre no transcurso da obra. Deste xeito, todos xuntos, cómodos, desfrutaremos da proposta, xerando un clima de atención e coidado cara aos espectadores.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
5 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
5 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
6 de novembro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
