Evento: Ninguén tira fotos nos enterros

  • ninguen-tira-fotos-nos-enterros
Ninguén tira fotos nos enterros
xoves, 1 outubro, 2026 - 21:00
Pazo da Cultura,
Carballo

Ninguén tira fotos nos enterros

Espectáculo teatral de Carlota e Compañía

Pódoche facer unha pregunta? Non me tes que responder se non queres: ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?

Ninguén tira fotos nos enterros conta a historia dun feito sorprendente: unha familia celebrou, no mesmo día, unha voda e un enterro. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día. Con tenrura, humor, participación do público e técnicas de fotografía en vivo, como a cianotipia, proponse unha reflexión colectiva sobre a morte dende a mirada da infancia.

TODOS OS PÚBLICOS

55 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Carlota Mosquera

Dirección: Carlota Mosquera

Elenco: Carlota Mosquera, Sol Álvarez

Escenografía: Carlota Mosquera, Juan Ares

Iluminación: Nacho Martín "Neicherman"

Vestiario: Neme Vázquez

Dirección de movemento: Marta Alonso Tejada

 

  • Tráiler 'Ninguén tira fotos nos enterros'
Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A viaxe do Señor López
27 de setembro, 17:30
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
sobria_e_serena
Sobria e Serena: o chou
27 de setembro, 20:00
Pazo da Cultura - Carballo - A Coruña
Reconversión
Reconversión
2 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
2 de outubro, 20:30
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra