Evento: Bibidibabidibú!

Bibidibabidibú!
xoves, 15 outubro, 2026 - 20:30
Sala Bahía,
Foz
Un espectáculo de comedia improvisada

Bibidibabidibú! é un espectáculo cómico de improvisación teatral protagonizado por Sheyla Fariña, Susana Sampedro e Marta Doviro, tres fadas Teimas que empregan a súa maxia para cumprir os desexos do público.

As persoas asistentes escribirán os seus desexos e introduciranos no «caldeiro das fadas». Ao longo do espectáculo, as Teimas escollerán algúns ao azar e representaranos no escenario de maneira totalmente improvisada e en clave de humor. Unha hora de impro, catro xogos e moita participación do público para lanzar os desexos ao universo… aínda que se cumpran ou non!

Máis eventos de tipo Espectáculo

Historias viaxeiras: máquinas e obxectos de papel
17 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Vila - Proceso Aberto
17 de outubro
Salón Teatro
os fabulosos cleaners
Os fabulosos cleaners
18 de outubro
Auditorio Municipal de Goián
De ida e volta
23 de outubro
Casa da Cultura Ramón Martínez López