Evento: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
domingo, 4 outubro, 2026 - 19:00
Teatro Coliseo Noela,
Noia

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Espectáculo da compañía A Xanela do Maxín

A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta?

Elenco: Celtia Figueiras (actriz e titiriteira), Luis Vallecillo (Títiriteiro e músico) e Pablo Pérez (músico e efectos)

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Pan de broa
25 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
comedIA
25 de outubro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
A viaxe do Señor López
25 de outubro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
O grúfalo
27 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña