Evento: LAEROS

LAEROS
domingo, 23 agosto, 2026 - 11:00
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre,
Campo Lameiro

LAEROS

Living History: vivir na Idade do Bronce

Laeros, o Festival da Arte Rupestre de Galicia, volta ao Campo Lameiro o domingo 23 de agosto na súa quinta edición. Organizado polo Concello do Campo Lameiro coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

O evento convida a "vivir a Prehistoria" combinando recreación histórica, arqueoloxía experimental e gastronomía nun único espazo.

Ao longo da xornada, desenvolverase de forma continuada diferentes actividades relacionadas coa vida na Idade do Bronce, dinamizado por profesionais da arqueoloxía , asociacións culturais e grupos de recreación histórica. Este espazo ofrecerá ao público unha inmersión na vida cotiá da época, a que se engadirán demostracións de fundición de metais, tinguido do liño e cocción de cerámica, así como unha competición "Caza na Prehistoria", visitas guiadas e visitas teatralizadas.

As actividades de Living History: vivir na Idade do Bronce desarrollaránse dende as 11h ata ás 14h e novamente de 17h a 20h. Neste espazo poderás desfrutar de Clio Xestión Cultural coa producción téxtil da Prehistoria, Tir Na N'og que nos amosará como era a vida nas comunidades da época., Fundación Terra Termarum Castrolandín coa elaboración de pezas cerámicas, Arqueoloxía Experimental nos aproximará a fundición do estaño e outros metais, así como o proceso de cocción da cerámica, Prehistoricreplic mostrarános o traballo do sílex e da obsidiana, Mulleres Rurais do Campo Lameiro realizarán varios obradoiros con temática pehistórica e o Equipo de Didáctica do PAAR encargaránse dunha inmersión nas técnicas de caza prehistórica.

Visitas guiadas gratuitas para todos os públicos, a primeira realizaráse ás 12h guiados por Patricia Novas guía, arqueóloga e responsable de didáctica do PAAR, actividade que se realizará polas principais estacións do Parque e que durará aproximadamente unha hora. Por outra banda, ás 18h, o historiador e actor Suso Martínez realizará unha renovada visita teatralizada onde interpretará a un guerreiro da Idade do Bronce o gran "Cervo Solar". Requírese reserva previa en paar.xunta.gal

Para a dinamización do evento haberá dous concursos, o primeiro consistirá nunha competición de "Caza na Prehistoria" as inscripcións serán no propio día do evento por orde de chegada, e o concurso comezará ás 18:30h. Para aquelas persoas que van desfrutar do Xantar Rupestre poderán participar no concurso "Na mesa da Idado do Bronce" que consistirá en ir vestido da época, onde se valorarán principalmente as vestimentas das persoas compoñentes de cada mesa, e decoración da mesma, un xurado valorará as diferentes propostas e o grupo gañador levará un lote de xantar para edición de Laeros do 2027.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos