Evento: The Sadies + Howlin’ Jaws + Terra Lightfoot

The Sadies + Howlin’ Jaws + Terra Lightfoot
sábado, 28 novembro, 2026 - 20:00
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

The Sadies + Howlin’ Jaws + Terra Lightfoot

O *Outono Códax Festival* despídese da súa XVI edición cunha noite protagonizada por tres grandes nomes do rock de raíces.  

O Outono Códax Festival despídese da súa XVI edición cunha noite protagonizada por tres grandes nomes do rock de raíces.
Os canadenses The Sadies, referentes internacionais desde 1994, chegan coa súa inconfundible mestura de garage, psicodelia, rockabilly, surf e bluegrass. Cun directo recoñecido pola súa intensidade e calidade musical, a banda continúa defendendo o seu legado tras a perda do seu fundador Dallas Good.
Desde Francia, Howlin’ Jaws representan a nova xeración do rock europeo cun son que combina garage rock, rhythm & blues e rock sesenteiro, destacando pola forza e a enerxía dos seus concertos.
Completa o cartel Terra Lightfoot, unha das voces máis destacadas do rock canadense actual. A súa poderosa interpretación vocal e o seu talento coa guitarra dan forma a unha proposta que fusiona roots rock, blues, folk e sensibilidade pop.
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
15 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Funzo
15 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Alfonso Medela Trío + Rubén Fernández
15 de novembro
Auditorio Municipal Manuel María