Evento: Ngoma

  • ngoma
Ngoma
sábado, 19 setembro, 2026 - 20:30
Teatro Rosalía de Castro ,
A Coruña
Un espectáculo de danza de La Guajira

NGOMA é un espectáculo de danza contemporánea e novas linguaxes que emerxe desde a memoria corporal afrodescendiente, atravesada pola enerxía vital do entroido de Santiago de Cuba. A obra propón unha viaxe física e simbólica a través do movemento, onde un pai e unha filla sosteñen o vínculo que habita na transmisión interxeracional, explorando a conexión entre ritmo, identidade e memoria e reivindicando o ancestral desde unha mirada contemporánea.

Sinopse

Ngoma é tambor, pero tamén é rito, é corpo. É unha cerimonia danzada que volve a mirada á orixe para reencontrarse co presente.

 

Ficha artística

Autoría: Armando Martén Caballero

Dirección: Armando Martén

Deseño iluminación: Octavio Mas

Vestiario e atrezzos: La Guajira

Coreografía: Armando Martén Caballero en colaboración con Gala Martén

Espazo sonoro orixinal, música e acompañamento na escena: Ismael Berdei

 

Duración | 50 min

Apta para todo público

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Maxia sen trucos
11 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Del jazzmín al jazz
12 de agosto, 21:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Ye-Yé. Strad el violinista rebelde
16 de agosto, 23:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Coa cabeza nas nubes
18 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo